Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a adquisición de material mobiliario para centros docentes dependentes desta consellería. (Expediente 18/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 18/2000.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material mobiliario para centros docentes dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 30 días ou inferior segundo oferta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 33.522.000 pesetas (201.471,278 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria