Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de outubro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00794-O-2000 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega,

conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso de alzada dentro do prazo e, de non facelo así, procederase o seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 10 de outubro de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00794-O-2000

GU-6083-D

G.C. Tráfico

Andrés Pereira, S.L.

Lantaño-Paradela, s/n, Meis (Pontevedra)

Realizar servicio privado complementario transportando productos alimenticios carecendo da tarxeta de transportes.

3-3-2000; 12; N-550; 137,600

Art. 199.b) do

R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
PO-02581-S-1999

PO-4406-BK

Policía Municipal

Aurelia Bastos Molares

Ponte Escura, 6-1º, Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte público de reparto de prensa, non presentando tarxeta de transportes por non levala no vehículo, así como tampouco mostrar ningún distintivo nel. Servicio privado.

22-11-1999; 10.10

199.b) do

R.D. 1211/1990.

O.M. 25 de outubro de 1990

143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199020.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02871-O-1999

PO-2516-BN

G.C. Tráfico

José Luis Pérez Grande

Trav. Vigo, 163, 4º B,

36206 Vigo (Pontevedra)

Carecer de dous distintivos de transportes, transporta correspondencia bancaria.

17-11-1999, 13.20; PO-1206 S/K

O.M. 25 de outubro de 1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.