Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.357

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (104/2000).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 104/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 104/2000, seguidos neste xulgado sobre insultos e ameazas, nos que son partes, a denunciante Rosa María Pazos Viqueira e o denunciado, Antonio Reboredo González.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Antonio Reboredo González da falta de insultos e ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de notificación a Antonio Reboredo González, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de dous mil.

A secretaria

Rubricado