Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.342

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de outubro de 2000 que modifica a do 7 de maio de 1997, de acreditación e concertación de centros sociosanitarios.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 204, do 20 de outubro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 14.281, no artigo 4 en virtude do cal se modifica o artigo 5 referente ó procedemento de formalización de concertos, debe suprimirse o seu último parágrafo:

«Os concertos serán formalizados polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais».

Na páxina 14.283, no artigo 8 conforme o cal se modifica o artigo 8, parágrafo primeiro, referente á facturación dos servicios, onde di: «de acordo coas tarifas que oportunamente se publiquen polo Sergas e serán revisadas anualmente», debe dicir: «de acordo coas tarifas que oportunamente se publiquen pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais».

Na páxina 14.283, na disposición transitoria, onde di: «no momento de publicarse a presente orde adaptaranse no prazo máximo de dous exercicios orzamentarios», debe dicir: «adaptaranse no prazo máximo de dous anos».