O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000
(DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, planta terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña, teléfono 981 17 80 73, telefax 981 17 80 32.
2.a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso público de subministracións.
3.a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de membranas e outros (cirurxía cardíaca).
Orzamento total: 134.854.520 pesetas, 810.491,99 euros.
c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 7 lotes.
4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.
5.a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para face-la dita solicitude: 24 de novembro de 2000.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6.a) Data límite de recepción das propostas: 2 de decembro de 2000.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.
7.a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo) As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que remate o prazo de presentación
de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal de empresas.
11. Datos referentes a situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 25-11-1999.
17. Data de envío do anuncio: 27 de outubro de 2000.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).
A Coruña, 26 de outubro de 2000.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña