Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCS-15/2000, para a adquisición do equipamento de moblaxe xeral con destino ó Hospital Montecelo de Pontevedra (6 lotes).

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do

1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de moblaxe xeral con destino ó Hospital Montecelo de Pontevedra (6 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-15/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe xeral.

c) Lote: 6 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 31, do 15 de febreiro e BOE nº 39, do 15 de febreiro e DOCE S38, do 24 de febreiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa millóns cento trinta mil setecentas pesetas, IVE incluído (90.130.700, pesetas IVE incluído). 541.696,42 euros.

Lote nº 1: 29.445.000 pesetas. 176.968,01 euros.

Lote nº 2: 27.996.500 pesetas. 168.268,35 euros.

Lote nº 3: 16.554.000 pesetas. 99.491,54 euros.

Lote nº 4: 5.440.000 pesetas. 32.695,06 euros.

Lote nº 5: 9.440.000 pesetas. 56.735,54 euros.

Lote nº 6: 1.255.200 pesetas. 7.543,90 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: cadeiras.

Lote nº 2: mesas e armarios.

a) Data: 18 de maio de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S. A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta millóns cincocentas oitenta e oito mil novecentas vinte pesetas, IVE incluído (50.588.920 pesetas, IVE incluído). (304.045,53 euros).

Lote nº 3: dotación de vestuarios.

a) Data: 12 de xuño de 2000.

b) Contratista: Estan, S.A. (Mecalux).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sete millóns cento setenta mil novecentas cincuenta e unha pesetas, IVE incluído (7.170.951 pesetas, IVE incluído). 43.098,28 euros.

Lote nº 4: audiovisuales.

a) Data: 18 de maio de 2000.

b) Contratista: Audiovisuales Codec, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns catrocentas vintecatro mil pesetas, IVE incluído (5.424.000 pesetas, IVE incluído). 32.598,90 euros.

Lote nº 5: estantes metálicos.

Lote nº 6: utensilios varios.

a) Data: 12 de xuño de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: nove millóns trescentas trinta e tres mil oitocentas pesetas, IVE incluído (9.333.800 pesetas, IVE incluído). 56.097,27 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos