Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 255/2000).

De conformidade co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a instalación eléctrica que se cita (expediente IN407A 255/2000):

Solicitante: Energías Ambientales, S.A. (Easa).

Domicilio social: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10, 1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: liña eléctrica alta tensión a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico de Monte Redondo (Easa) e remate na subestación de Vimianzo (Unión Fenosa).

Situación: Vimianzo (A Coruña).

Descricións técnicas: L.A.T. 66 kV con tramo aéreo de 2.021 m de lonxitude sobre apoios realizados en torres metálicas de celosía realizado en conductor simplex LA-280 e 200 m de tramo subterráneo realizado en conductor R.H.Z.1 36/66 kV 3x(1x630) Al+H130, capacidade de transporte 65 MW e cable de terra OPGW con 16 fibras ópticas, atravesando o concello de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo proxecto e presenta-las alegacións nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, nun prazo de 30 días, contados

desde o día seguinte á derradeira publicación desta resolución.

A Coruña, 8 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña