O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de octubre), dispón que os estudios de efectos ambientais se someterán ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración da solicitude de aproveitamento de recursos da sección A) Rocío, situada en terreos do concello do Incio,
provincia de Lugo, e solicitado por Pizarras Vega, S.L.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para a súa consulta nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Industria.
-Delegación Provincial de Industria de Lugo.
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
-Concello do Incio.
Así mesmo, as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria