Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. (Clave AC/99/42.0).

Aprobado provisionalmente por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 20 de outubro de 2000, o estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Clave: AC/99/42.0, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no BOE, co fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas da

Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, e nos concellos de Brión, Santiago de Compostela, Ames e Teo.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo durante o prazo de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas, na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e nos devanditos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas