Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (79/2000).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 79/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2000.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz de instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas nº 79/2000, seguida por unha falta de maltrato familiar contra Manuel Pais Lago, no que foi parte o Ministerio Fiscal e denunciante Rosa María Pérez Regueiro.

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Pais Lago da falta de lesións da que se lle acusaba, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Manuel Pais Lago actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o once de outubro de dous mil.

A secretaria

Rubricado