Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO (165/2000).

Acordado no rolo de apelación civil número 18/2000, dimanante dos autos de fam. medidas provisionais 89/1999, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dictouse sentencia co número 165/2000, con data do 8 de xullo de 2000, que ten como encabezamento o seguinte:

En Santiago de Compostela, o seis de xullo de dous mil.

Visto pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, integrada por José Vicente Zabala Ruiz, presidente e José Ramón Sánchez Herrero e Mª del Carmen Vilariño López, maxistrados, o procedemento civil, rolo número 18/2000 desta sección de apelación de sentencia do xuízo de procesos matrimonial, dictada o 16 de novembro de 1999 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela no xuízo número 89/1999 deste xulgado, en xuízo de incidente de oposición a auto de medidas provisionais, e no que son parte, como apelante Mercedes Santos Vilar e como apelado José Aceituno Ortega, e sendo tamén parte o Ministerio Fiscal e sendo relator o maxistrado José Ramón Sánchez Herrero, quen expresa o parecer da sala, procede formula-los seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e decisión.

A súa parte dispositiva di:

«Que desestimámo-lo recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Goimil, en representación de Mercedes Santos Vilar, contra a sentencia do 16 de novembro de 1999, recaída nos autos rexistrados co número 89/1999, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, a cal confirmamos en tódolos seus extremos, sen ter pronunciamento sobre as custas causadas nesta alzada».

E para que conste e se publique no DOG e sirva de notificación a José Aceituno Ortega, en ignorado paradoiro, expídese e asínase o presente edicto.

Santiago de Compostela, dezaseis de outubro de dous mil.

Ramón Fernández Agra

Secretario