Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

EDICTO.

O Pleno da Corporación aprobou o prego de condicións que rexerá o concurso para contratar, por procedemento aberto, tramitación ordinaria, a subministración de materiais para a obra do POL 2000, segundo o respectivo proxecto técnico.

De conformidade co disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000 anúnciase o concurso, se ben aprazarase cando sexa necesario, de se presentaren reclamacións.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Xunqueira de Ambía, praza San Rosendo, 1. 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense). Teléfono: 988 43 60 40. Fax: 988 43 60 69. Dependencia que tramita o expediente: secretaría, onde se poderá obter copia do prego de condicións.

2. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración de materiais para a obra do POL/2000, segundo o respectivo proxecto técnico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.830.623 pesetas, IVE incluído, tendo en conta o prezo unitario que para cada un dos materiais obxecto do concurso figura no respectivo proxecto técnico. No prezo unitario dos materiais inclúense o custo da súa posta en obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo ou base de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Presentación de ofertas: dentro dos 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, excepto sábados. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

7. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O que se fai público para cumprir co establecido no artigo 326 da Lei 3/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Xunqueira de Ambía, 17 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado