Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 5 de outubro de 2000, os pregos de cláusulas administrativas así como as prescricións técnicas que rexerán o concurso público urxente e procedemento aberto para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vila de Cruces (Pontevedra), expóñense ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación do citado concurso, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó prego, continuándose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vila de Cruces (Pontevedra), coa documentación e contido que se definen na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, no Regulamento de planeamento e no prego de cláusulas.

Tipo de licitación: é de 13.700.000 pesetas.

Prazo de entrega: doce meses.

Garantías: a provisional establécese en 274.000 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP. Cando se presente algunha proposición económica por procedemento administrativo, o licitador deberá comunicalo inescusablemente, anunciándoo por fax ó concello, dentro do prazo para a presentación de proposicións.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do segundo día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposicións: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultanemante coa proposición e en sobre á parte e pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Forma de pagamento e financiamento: véxase o prego de condicións.

Vila de Cruces, 5 de outubro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado