Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación do parque eólico de Punago para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 070-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enrexía eólica na Comunidade

Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Punago coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., Rúa Castiñeiriño 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Baleira, Castroverde e Pol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1637.660,204.773.407,90

PS2638.774,404.773.835,90

PS3641.582,204.763.944,50

PS4640.658,904.763.612,70

Superficie afectada: 1.098 Ha.

Potencia bruta: 30,36 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas, poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 24 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.