Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.A.T. a 220 kV Tomeza-Lourizán.

Situación: Vilaboa-Pontevedra.

Descricións técnicas: liña de alta tensión a 220 kV, aérea, de 5.041 m de lonxitude, con conductor tipo Condor de aluminio-aceiro (LA-455), sobre apoios metálicos, desde o apoio N.11 da L.A.T. D.C. Tibo/Troncal-Tomeza, ata o apoio N.30 da L.A.T. Tomeza-Lourizán, desde onde continúa en subterráneo 305 m de lonxitude, rematando na subestación de Lourizán en Pontevedra. A instalación está situada nos concellos de Vilaboa e Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra