Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 31 de outubro de 2000 pola que se exclúe do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, o monte Gamalleira, número 24 do C.U.P. da provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e á vista do disposto no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, o monte Gamalleira, pertencente ás parroquias de Lagares e Santa María da Vega, que figura naquel co número 24.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de

xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente