Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.218

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de outubro de 2000, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

O DOG nº 243, do 15 de decembro de 1992, publicou a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de novembro de 1992, pola que se aprobaron as relacións de postos de traballo do persoal que presta os servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 1994, publicou a Orde do 3 de decembro de 1993, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda pola que se modificou a RPT do persoal que presta os servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O DOG nº 116, do 17 de xuño de 1994, publicou a Orde do 6 de xuño de 1994, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, que modificou a RPT do persoal que presta servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Se ben, posteriormente, se publica unha nova RPT no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, que no que se refiere ós funcionarios da inspección pesqueira da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura se mantivo na RPT vixente publicada no DOG nº 202, do 19 de outubro de 1999, a sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anulou e deixou sen efecto a modificación da RPT aprobada pola Orde do 6 de xuño de 1994, ordenando a convocatoria dun concurso de traslados de acordo coa RPT inicial publicada por Resolución do 18 de novembro de 1992, modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993.

O Decreto 293/1998, do 26 de outubro (DOG nº 215, do 5 de novembro), procedeu á execución

da citada sentencia ordenando a convocatoria do concurso de traslados.

Unha vez resolto este, e dado que a RPT de 1999 non se adapta á resolución do concurso, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura propón a súa modificación.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de outubro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Aproba-la modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Deixar sen efecto a relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais, publicada por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de novembro de 1992 (DOG nº 243, do 15 de decembro), modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda (DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 1994) no que se refire ós postos de provisión por concurso da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de outubro de dous mil, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública