Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da seguinte obra:

Obxecto: redes de sumidoiros e abastecemento de augas nas parroquias de Caleiro, András e San Miguel.

Orzamento: 12.203.314 pesetas (IVE e honorarios de redacción do proxecto incluídos).

Fianzas: provisoria, 2% do tipo. Definitiva, 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 5 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas de 9 a 13, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 9 de outubro de 2000.

O alcalde en funcións

Rubricado