Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. Industrial II-04 Santo André de Comesaña. (Expediente 4205/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 21 de setembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. Industrial II-04 Santo André, presentado pola Comunidade de Bens Santo André e redactado por Fraga Arquitectos, C.B. e con visados do COAG do 10 de marzo, do 28 de xuño e do 11 de xullo de 2000.

Sométese o presente expediente ó tramite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pra todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que por resultar descoñecidos ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo