Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Sada pola que se anuncia a adxudicación por procedemento aberto e concurso do servicio de limpeza da Casa da Cultura de Sada.

1. Obxecto do contrato: a concesión administrativa do servicio de limpeza da Casa da Cultura de Sada.

2. Duranción do contrato: será de dous anos prorrogables por outros dous, contados a partir da data de notificación do acordo de adxudicación.

3. Licitación: 1.440.000 ptas. anuais (8.654,5743 euros).

4. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: exponse ó público polo prazo de oito días hábiles, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

5. Garantía provisional: será de 28.800 pesetas (173,09 euros).

6. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Presentación de proposicións: durante os quince días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación.

8. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sétimo día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

9. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 2 de novembro de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde