Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Sada pola que se anuncia a adxudicación mediante concesión administrativa, por procedemento aberto e concurso, do servicio de cafetería da Casa da Cultura de Sada.

1. Obxecto do contrato: a concesión administrativa do servicio de cafetería da Casa da Cultura de Sada.

2. Duranción do contrato: será de catro anos improrrogables, contados a partir da data de notificación do acordo de adxudicación.

3. Canon: non se fixa tipo de licitación.

4. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: exponse ó público polo prazo de oito días hábiles, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

5. Garantía provisional: será de 78.288 pesetas.

6. Garantía definitiva: 156.576 pesetas.

7. Presentación de proposicións: durante os quince días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación.

8. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sétimo día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

9. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 31 de outubro de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde