Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000 pola que se anuncia concurso público para a execución das obras de rehabilitación da Central Tambre I para hotel de natureza, en Noia (A Coruña), polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia das obras que se citan:

-Obxecto: rehabilitación da Central Tambre I para hotel de natureza, en Noia (A Coruña).

-Orzamento de licitación: 99.759.516 pesetas (noventa e nove millóns setecentas cincuenta e nove mil cincocentas dezaseis pesetas), IVE incluído.

-Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

-Prazo de execución: 10 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, subgrupos todos, categoría d.

-Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural.

-Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, unicamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

-Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do decimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a mesa terá lugar o día hábil seguinte.

-Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2000.

O conselleiro

Rubricado