Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.164

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria da terceira poxa pública dun inmoble, que pertence ó patrimonio da Seguridade Social, sito na Silva, concello de Lousame (A Coruña).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais coa data 9-9-1999, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda o día 26-8-1999 e declarou o seu alleamento o día 26-5-1999, para vende-lo inmoble seguinte:

-Predio rústico no lugar da Silva do concello de Lousame-Noia, chamada Abruñeiras do Rego da Silva, de 4 hectáreas, 20 áreas. Inscrita no rexistro da Popiedade de Noia (A Coruña), no libro 68 de Lousame, tomo 528 do arquivo, folla 52 volta, predio número 5.873, inscrición cuarta.

O tipo mínimo de licitación é de 7.282.800 pesetas (43.770,50 euros).

Farase esta terceira poxa de acordo co prego de condicións que terán ó seu dispor os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Emilia Pardo Bazán, 15-7º esquerda da Coruña. Teléfono: 981 18 76 73.

O acto público desta terceira poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás 13 horas do día 30-11-2000 na sala de xuntas da dirección provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 2000.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social na Coruña