Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.164

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria da primeira poxa pública de dous inmobles, que pertencen ó patrimonio da Seguridade Social, sitos na parroquia de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 30-8-2000, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento o día 28-2-2000, para vende-los inmobles seguintes:

-Predio rústico sito na parroquia de Borneiro, do concello de Cabana de Bergantiños, chamado Porriñosa de Baixo, de 4 centiáreas, 81 áreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cabana de Bergantiños (A Coruña) no libro 106, tomo 965, folla 19, predio número 5.258-N, inscrición segunda.

-Predio rústico sito na parroquia de Borneiro, do concello de Cabana de Bergantiños, chamado Pequena dos Casais de Dentro, de 52 centiáreas, 5 áreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cabana de Bergantiños (A Coruña), no libro 106, tomo 965, folla 20, predio número 5.262-N, inscrición segunda.

O tipo mínimo de licitación é de 2.294.019, pesetas (13.787,33 euros).

Farase esta poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Emilio Pardo Bazán, 15-7º esquerda da Coruña. Teléfono: 981 18 76 73.

O acto público desta primeira poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás 12 horas do día 30-11-2000 na sala de xuntas da dirección pro

vincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 9 de outubro de 2000.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social da Coruña