Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.162

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Dependencia de Recadación de Biscaia, pola que se citan para a comparecencia determinadas persoas.

Consonte o disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a recadación dada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 31 de decembro, non sendo posible realiza-las notificacións nos procedementos que a seguir se indican por causas non imputables á Administración, despois de se tentar por dúas veces,

DISPOÑO:

Cítase os suxeitos pasivos obrigados tributarios ou representantes segundo os casos que se indican no anexo, para compareceren no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial da comunidade, na Dependencia de Recadación da AEAT desa comunidade, para o efecto de seren practicadas as notificacións pendentes nos procedementos tramitados polos órganos que a seguir se relacionan, advertíndose que transcorrido o devandito prazo sen que comparecesen se entenderá practicada a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Bilbao, 27 de xullo de 2000.

Mª Mercedes Macías García

Xefa da Unidade de Recadación Executiva

Datos do contribuínte: Transportes Hermanos Barreira. B48168421.

Procedemento: constrinximento.

Órgano responsable da tramitación: Unidade Recadación débedas menor contía de Biscaia.