Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.158

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000 pola que se fan públicos os temarios polos que se rexerán as probas selectivas do persoal laboral da Fundación Pública Hospital do Salnés de diferentes categorías.

O Decreto 340/1999 do 16 de decembro, establece o modelo de xestión e administración do Hospital do Salnés, e co fin de poder selecciona-lo persoal e garanti-los principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á condición de persoal laboral da Fundación Pública Hospital do Salnés, procédese, con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, a dar público coñecemento dos temarios que rexerán na fase de oposición do proceso selectivo das categorías de ATS/DUE, fisioterapeutas, técnicos especialistas de laboratorio, técnicos especialistas de radiodiagnóstico, auxiliares de enfermería, matronas e persoal de servicios xerais.

Vilagarcía de Arousa, 2 de novembro de 2000.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés

ANEXO I

AXUDANTE TÉCNICO SANITARIO/DIPLOMADO UNIVERSITARIO

EN ENFERMERÍA

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacións públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo evaluativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público. Ética nos coidados de enfermería. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada.

Tema IV. Investigación en enfermería. Métodos: Técnicas cuantitativas e cualitativas. Investigación de coidados enfermeiros. Estructura metodolóxica dun traballo científico. Estatística sanitaria.

Tema V. Tendencias e modelos máis utilizados nos coidados de enfermería. Elaboración dun plan de coidados de enfermería en atención especializada. Execución do plan. Avaliación.

Tema VI. Rexistro de Actividades de Enfermería. Guías de uso e manexo da historia en enfermería. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais: Sistemas, metodoloxía. O informe de enfermería á alta. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema VII. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas respiratorios. Procede

mentos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema VIII. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas cardiocirculatorios. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema IX. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas gastrointestinais. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema X. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas no sistema renal e urinario. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema XI. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas no sistema neuro-endocrino. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema XII. Valoración e coidados de enfermería en pacientes con problemas no sistema músculo-esquelético. Procedementos e técnicas máis usuais. Educación ó paciente e á familia.

Tema XIII. Valoración e coidados de enfermería no puerperio, no neonato san e no patolóxico. Lactancia natural e artificial. Educación ó paciente e á familia.

Tema XIV. Actuación de enfermería ante politraumatismos, traumatismo cranioencefálico, parada cardiorespiratoria, shock, hemorraxias e feridas.

Tema XV. Valoración e coidados de enfermería en pacientes pre, intra e poscirúrxicos. Quirófano e sala de reanimación.

Tema XVI. Atención de enfermería ó ancián. As enfermidades no transcurso da vellez. Papel da enfermeira ante a hospitalización do ancián.

Tema XVII. Atención de enfermería ó paciente terminal hospitalizado. Coidados paliativos do enfermo terminal. Apoio ós familiares fronte á dor e á morte.

Tema XVIII. Medicamentos: formas de clasificación e vías de administración. Elección correcta da punción por vía parenteral. Dosificación. Procedementos e coidados. Absorción e distribución de fármacos: toxicidade e efectos secundarios. Condicións de conservación dos medicamentos.

ANEXO II

FISIOTERAPEUTAS

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacions públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sis

tema sanitario público. Ética nos coidados de enfermería. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada.

Tema IV. Investigación en fisioterapia. Métodos: técnicas cuantitativas e cualitativas. Investigación de coidados enfermeiros. Estructura metodolóxica dun traballo científico. Estatística sanitaria.

Tema V. Metodoloxía de intervención en fisioterapia: valoración fisioterápica, historia clínica e rexistro de actividades.

Tema VI. Protocolización de intervencións en fisioterapia. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais: sistemas, metodoloxía. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema VII. Cinesioloxía.

Tema VIII. Cinesiterapia. A facilitación neuromuscular propioceptiva: método Kabat.

Tema IX. Mecanoterapia.

Tema X. Masoterapia.

Tema XI. Termoterapia e crioterapia.

Tema XII. Electroterapia.

Tema XIII. Ultrasonoterapia. Fototerapia. Laserterapia. Hidroterapia.

Tema XIV. Fisioterapia cardiovascular e respiratoria.

Tema XV. Fisioterapia traumatolóxica, reumatolóxica e musculoesquelética.

Tema XVI. Fisioterapia do sistema nervioso central.

Tema XVII. Fisioterapia na terceira idade.

Tema XVIII. Ergonomía.

ANEXO III

TÉCNICOS ESPECIALISTAS DE LABORATORIO

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacions públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público. Ética no traballo dos técnicos de laboratorio. Confidencialidade da información.

Tema IV. Concepto de desinfección e esterilización. Métodos e técnicas. Prevención e control da infección hospitalaria. Fontes comúns de infección, modos de transmisión nos hospitais e métodos de prevención.

Tema V. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento. Normas de seguridade no manexo de mostras biolóxicas, equipos e reactivos. Prevención e tratamento de ris

cos biolóxicos, físicos, químicos e de radiacións ionizantes.

Tema VI. Transporte e manexo de mostras clínicas periféricas. Principios básicos na toma de mostras. Recomendacións ós pacientes segundo a técnica.

Tema VII. Urina. Análise e as súas etapas. Determinacións químicas.

Tema VIII. Estudio de feces: dixestión, sangue oculto e corpos reductores.

Tema IX. Gasometría arterial. Bases fisiolóxicas básicas, valores críticos e interpretación.

Tema X. Grupos sanguíneos. Realización técnica e interpretación. Compatibilidade sanguínea. Fases de lectura e interpretación. Técnica da antiglobulina humana (Coombs directo).

Tema XI. Coagulación: realización técnica. Medición do tempo de protrombina, tromboplastina parcial activada e fibrinóxeno.

Tema XII. Fórmula leucocitaria sanguínea: diferenciación celular e reconto. Alteracións morfolóxicas das hemacías. Estudio por microscopia óptica de reticulocitos.

Tema XIII. Perfil hormonal: eixes tiroideo, gonadal e adrenal.

Tema XIV. Diagnóstico serolóxico. Principios, técnica e utilidade.

Tema XV. Marcadores bioquímicos da enfermidade isquémica cardíaca. Principais marcadores tumorais. Estudios básicos de autoinmunidade.

Tema XVI. Técnicas de cultivo e illamento de patóxenos viables. Métodos de identificación bacteriana. Métodos de eficacia antimicrobiana.

Tema XVII. Líquidos biolóxicos. Citoloxía e bioquímica.

ANEXO IV

TÉCNICOS ESPECIALISTAS DE RADIODIAGNÓSTICO

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacions públicas sanitarias.

Tema II. Decreto de garantía de calidade en radioloxía.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público. Ética no traballo dos técnicos de radioloxía. Confidencialidade da información.

Tema IV. Bases da técnica radiolóxica. Propiedades dos raios X. Concepto de radiodiagnóstico. Medidas preventivas para a dosificación da radiación.

Tema V. O tubo de raios X. Foco efectivo e foco real. Carga máxima admisible. Dosimetría de radiacións ionizantes. Factores de exposición. Exposímetros automáticos.

Tema VI. A película radiográfica: estructura e clases. Conceptos de nitidez, densidade, hiperlucencia

e radioopacidade. Revelado e fixado da película radiográfica. Tipos de reveladores. Revelado automático.

Tema VII. Contrastes radiolóxicos. Tipos, indicacións, precaucións xerais na súa utilización.

Tema VIII. Protección operacional nas distintas unidades. Clasificación de zonas (sinalización e normas xerais). Barreiras, dispositivos e roupa de protección.

Tema IX. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento. Normas de seguridade no manexo de mostras biolóxicas, equipos e reactivos. Prevención e tratamento de riscos biolóxicos, físicos, químicos e de radiacións ionizantes.

Tema X. Exploración radiolóxica das fracturas nas extremidades. O paciente politraumatizado, prioridades de exploración.

Tema XI. Radioloxía do cranio. Proxeccións básicas. Valor das placas simples no diagnóstico das fracturas craniais. Radioloxía do tórax: métodos e técnicas para o seu estudio.

Tema XII. Exploracións do aparello xénito-urinario. Técnicas e métodos.

Tema XIII. Estudio radiolóxico do tracto dixestivo. Técnicas, indicacións e utilidade.

Tema XIV. Ecografía. Concepto, principios físicos, indicacións e utilidade diagnóstica.

Tema XV. Tomografía convencional e tomografía computerizada. Bases físicas, utilidade e indicacións.

Tema XVI. Resonancia magnética nuclear. Fundamentos físicos, utilidade e indicacións.

Tema XVII. Concepto de imaxe analóxica e imaxe dixital. Receptores e procesamento.

ANEXO V

AUXILIARES DE ENFERMERÍA

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacions públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público. Ética nos coidados de enfermería. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada.

Tema IV. Funcionamento das institucions sanitarias: servicio de documentación clínica hospitalaria. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Función do rexistro e do arquivo. Clases de arquivos. Entrada en arquivo, saída e devolucións. Recepción e transmisión de mensaxes e documentos.

Tema V. Necesidades humanas. Coidados de enfermería. Necesidades básicas de Maslow. Determinantes da saúde. Educación para a saúde.

Tema VI. Concepto de desinfección e esterilización. Métodos e técnicas. Prevención e control da infección hospitalaria. Fontes comúns de infección, modos de transmisión nos hospitais e métodos de prevención.

Tema VII. Pautas de hixiene e aseo nos distintos tipos de doentes nun centro hospitalario. Hixiene do medio hospitalario. Técnicas de hixiene do personal sanitario.

Tema VIII. Métodos terapéuticos. Vías de administración. Aplicación local de frío e calor. Principios dietéticos.

Tema IX. Atención ás necesidades de osixenación. Osixenoterapia e aerosolterapia. Precaucións e coidados.

Tema X. Atención ás necesidades de eliminación: intestinal e urinaria. Conceptos. Procedemento e coidados na recollida de mostras.

Tema XI. Atención ás necesidades de inmobilización, repouso e exercicio. Cambios posturais. Técnicas de mobilización do enfermo encamado. Diferentes procedementos de preparación das camas hospitalarias.

Tema XII. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

Tema XIII. Primeiros auxilios: criterios de urxencia e prioridade, reanimación cardiopulmonar, traumatismos, feridas, queimaduras, hemorraxias, fracturas.

Tema XIV. Coidados de saúde na muller xestante. Alimentación, hixiene. Atención ó neonato e lactante: hixiene, alimentación. Atención á familia.

ANEXO VI

ATS/DUE ESPECIALISTAS EN OBSTETRICIA E XINECOLOXÍA (MATRONAS)

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacions públicas sanitarias.

Tema II. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema III. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público. Aspectos ético-legais na interrupción do embarazo. Consentimento informado. Responsabilidade civil derivada.

Tema IV. Investigación en enfermería obstétrico-xinecolóxica. Métodos: técnicas cuantitativas e cualitativas. Investigación de coidados enfermeiros.

Estructura metodolóxica dun traballo científico. Estatística sanitaria.

Tema V. Tendencias e modelos máis utilizados nos coidados de enfermería obstetro-xinecolóxicos. Elaboración dun plan de coidados en atención especializada. Execución do plan. Avaliación.

Tema VI. Rexistro de actividades de enfermería obstetro-xinecolóxicos. Guías de uso e manexo da historia clínica. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais: sistemas, metodoloxía. O informe de enfermería á alta. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema VII. Educación para a saúde da muller. Deseño, implantación, seguimiento e avaliación de programas de educación para a saúde da muller. Implicación da muller na educación para a saúde nas distintas idades. Sistemas de educación e información na educación para a saúde.

Tema VIII. Valoración e coidados da muller xestante. Procedementos e técnicas máis usuais. Orientación e planificaicón de autocoidados no embarazo.

Tema IX. Complicacións do embarazo. Prevención de infeccións, inmunización, enfermidades de transmisión sexual.

Tema X. Embarazo de alto risco. Situacións de risco. Orientación para os autocoidados. Patoloxías e factores de risco máis frecuentes no embarazo.

Tema XI. Proceso de valoración obstétrico-xinecolóxica durante o parto. Etapas. Continuidade de coidados. Farmacoterapia.

Tema XII. Complicacións no parto. Valoración e actuación. Parto múltiple. Situacións de emerxencia: descrición, valoración e actuación.

Tema XIII. Puerperio: concepto e duración. Coidados integrais nai-neonato. Orientacións para os autocoidados no puerperio. Patoloxías do puerperio. Sistema de control e seguimento do puerperio.

Tema XIV. Valoración inicial e coidados iniciais do neonato. Rexistros. Orientación para os pais sobre os seus coidados. Psicomotricidade: valoración básica. Neonato de risco.

Tema XV. Lactación natural e artificial. Información e orientación para as nais sobre a lactación.

Tema XVI. Planificación familiar: definición, elaboración, implantación e avaliación de programas. Anticoncepción. Infertilidade e esterilidade. Sexualidade nas etapas do ciclo vital. Deseño e desenvolvemento de programas de educación sexual.

Tema XVII. Coidados de enfermería obstétrico-xinecolóxicos na muller con problemas xinecolóxicos. Prevención do cancro xinecolóxico e da mama. Enfermidades do colo uterino. O cancro do colo uterino. Consello xenético.

Tema XVIII. Concepto de hixiene hospitalaria. Antisépticos, desifectantes, esterilización. Papel da matrona na infección nosocomial: Medidas preventivas. Illamentos hospitalarios.

ANEXO VII

PERSOAL DE SERVICIOS XERAIS

Tema I. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Sergas. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, organización e funcionamento das fundacions públicas sanitarias.

Tema II. Afiliación dos traballadores: altas e baixas. A cotización: suxeitos obrigados. A incapacidade laboral transitoria. Conceptos e causas. Os partes de baixa, alta e confirmación. Prestación económica e duración do subsidio, A invalidez provisional: duración e prestacións.

Tema III. Estructura orzamentaria. Pagamentos en firme e para xustificar. A ordenación do gasto e do pagamento; órganos competentes, fases de procedemento e documentos contables que interveñen. Ideas básicas e xerais de contabilidade financeira e orzamentarias.

Tema IV. Contratos do estado. Clases de contratación administrativa.

Tema V. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estructura, proceso e resultado.

Tema VI. O acto administrativo. A notificación. O silencio administrativo. O procedemento administrativo: concepto, termos e prazos. Recursos administrativos: concepto e clases.

Tema VII. Universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos ususarios de servicos do sistema sanitario público.

Tema VIII. Hixiene e seguridade nas institucións sanitarias. Hixiene e benestar dos pacientes. Movemento de pacientes: acceso e traslado nas institucións sanitarias, movementos nos transportes de ambulancia.

Tema IX. Coñecementos básicos dos utensilios, mobiliario e obxectos das institucións sanitarias: coidados e conservación.

Tema X. Concepto de información e comunicación, diferencias. Tipos de comunicación: oral, telefónica. Atención ó público: acollida e información. Servicios de admisión e atención ó paciente.

Tema XI. Funcionamento das institucións sanitarias: servicio de documentación clínica hospitalaria. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Función do rexistro e do arquivo. Clases de arquivos. Entrada en arquivo, saída e devolucións. Recepción e transmisión de menxases e documentos.

Tema XII. Conceptos informáticos básicos: Hadware, software. Sistemas operativos: MS-DOS: concepto, comandos básicos. Programas de aplicación.

Tema XIII. Sistemas operativos: Windows. Conceptos xerais. Administrador de impresión. Explorador de Windows.

Tema XIV. Ferramentas ofimáticas de uso común na fundación: procesador de texto (Word), base de datos (Access) e follas de cálculo (Excel).