Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave PO/00/53.6 e dúas máis.

a) Obra.

1. Mellora da intersección na C-550 p.k. 17+400 O Carril (Pontecesures-Vilagarcía de Arousa).

Clave: PO/00/53.6.

Orzamento: vintenove millóns trescentas cinco mil cincocentas pesetas (29.305.500), equivalentes a (176.129,60 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Reparación da ponte sobre o río Uma na estrada PO-403 Ponteareas-Salvaterra p.k. 10+00, Ponteareas, Pontevedra.

Clave: PO/00/82.2.

Orzamento: trinta e tres millóns dúas mil cincuenta e unha pesetas (33.002.051), equivalentes a (198.346,32 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Urbanización da avenida de Madrid. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Sanxenxo 2-10-2000.

Clave: PO/00/83.3.

Orzamento: cento setenta e tres millóns cincocentas oitenta e sete mil novecentas setenta e oito pesetas (173.587.978), equivalentes a (1.043.285,76 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudictarios.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda