Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, por medio de poxa, polo procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de clave R-AC-00.08 e dúas máis.

a) Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña.

b) Obras:

Clave: R-AC-00.08.

Título: corrección da rasante na estrada AC-452 (Portomouro-Roxos, p.k. 5,1700.

Orzamento: trece millóns cincocentas oitenta e sete mil novecentas vintesete (13.587.927) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: duascentas setenta e unha mil setecentas cincuenta e nove (271.759) pesetas.

Clave: R-AC-00.09.

Título: reperfilado con M.B.C. da estrada AC.451, dos Ánxeles ós Barreiros, do p.k. 2,285/3,290.

Orzamento: nove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas cincuenta e nove (9.999.959) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: cento noventa e nove mil novecentas noventa e nove (199.999) pesetas.

Clave: R-AC-00.12.

Título: capa de rodadura na trav. de Ponteceso, no p.k. 10,500 e 11,00 da AC-422, camiño de Buño a Ponteceso.

Orzamento: sete millóns novecentas noventa e nove mil cento cincuenta e tres (7.999.153) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: cento cincuenta e nove mil novecentas oitenta e tres (159.983) pesetas.

c) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

d) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no punto b) anterior, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de contrata salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que se especifica nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000.

e) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Capacidade das empresas, para contratar coa Administración autonómica e medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica:

Para esta obra están determinadas no título II, capítulo I do Real decreto lexislativo 2/2000.

g) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

O prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; se este cadra en sábado ou festivo, será o seguinte día hábil.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo, ó mesmo enderezo, dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

h) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do último día de presentación das proposicións.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 25-9-2000)

Jesús Almuiña Loeda

Secretario xeral da Delegación Provincial

da Coruña