Antecedentes:
1. O Concello de Cervo remitiu o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución das obras de urbanización do parque empresarial de Cuíña no Concello de Cervo, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), tramitado por instancia de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo), promotora del e beneficiaria da expropiación.
2. O Concello de Cervo, con data do 30 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de taxación conxunta e sometelo á información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Progreso con data do 12 de novembro de 1999 e no DOG nº 224, con data do 19 de novembro de 1999.
3. A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.
4. O Concello de Cervo emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remitiu o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.
Fundamentos xurídicos:
Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.
Segundo.-O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente ós terreos que se atopan na delimitación do parque empresarial de Cuíña, no termo municipal de Cervo, co obxecto de completa-la execución das obras de urbanización del, de acordo co expediente da modificación primeira do plan parcial do parque empresarial de Cuíña, aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o 21 de marzo de 1995, no que se
determinaba como sistema de actuación o de expropiación.
En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.
Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:
-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.
-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.
-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.
-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.
Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ó establecido polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.
Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.
Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,
RESOLVO:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de urbanización do parque empresarial de Cuíña, no concello de Cervo, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.
En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que
continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).
Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Concello de Cervo, a Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo) e, de xeito individualizado, a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).
Terceiro.-Publica-la presente resolución, así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:
expropiar
Nº de predio Titulares Bens que se van
Valoración
Wenceslao Díaz Pernas Plantacións
Construccións Construccións
Instalacións
Plantacións
Wenceslao Díaz Pernas Construccións Wenceslao Díaz Pernas Construccións
Construccións Construccións
Plantacións
Ramón Pérez Casal
11 Pablo Díaz Pernas
Solo: 10.850 m
4.021.925 ptas.
24 Balbina González Fra Solo: 994 m 333.358 ptas.
28 Dolores López Vilela Solo: 658 m
378.509 ptas.
30-A Ramón Rivas Villares Solo: 10.850 m
1.043.507 ptas.
30-B Jesús Pernas Costa Solo: 1.184,5 m Construccións 661.845 ptas.
30-C Escolástica Sánchez Andrade Solo: 613 m 205.582 ptas.
33 Pablo Díaz Pernas
Solo: 948 m
496.431 ptas.
35 Pablo Díaz Pernas
Solo: 2.530 m
1.045.886 ptas.
37-A Francisca Chao Fernández Solo: 1.375 m 461.134 ptas.
37-B Francisca Chao Fernández Solo: 1.198 m 401.773 ptas.
37-C Francisca Chao Fernández Solo: 1.611 m 540.281 ptas.
37-D Ramón Fernández Basanta Solo: 2.565 m 910.224 ptas.
37-E Ramón Fernández Basanta Solo: 110 m 36.891 ptas.
41 Dolores López Vilela Solo: 1.340 m
636.296 ptas.
45 Manuel García Mariño Solo: 3.035 m
1.471.448 ptas.
49 Honorato Pardo Fernández Solo: 244 m 148.234 ptas.
50 Jesús Pernas Costa Solo: 882 m 295.796 ptas.
52 Julio Vázquez Solo: 390 m 109.666 ptas.
55 Esther Fernández Arnau Solo: 190 m 99.605 ptas.
56 Ramón Rivas Villares Solo: 324 m
125.460 ptas.
61 Jesús Fraga Díaz Solo: 796 m 266.954 ptas.
67 Manuel Pérez Casal
Solo: 1.579 m 529.550 ptas.
84 Dolores López Vilela Solo: 260 m Construccións 133.396 ptas.
Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non
se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.
Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.
José Jesús Cudeiro Mazaira
Director xeral de Urbanismo