Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.129

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, constituída ó amparo do Decreto 89/1987, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 23 de xuño de 2000, pola que se publicaban as correccións de erros materiais nas listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e

correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B, que modifica a do 7 de xuño de 2000, e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, na súa sesión do día 26 de outubro de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos das listas, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000, a Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 0,75 puntos.

Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que, de acordo coa do 23 de xuño de 2000, foron non admitidos na lista ou non figuraban en ningunha relación e, unha

vez vista a súa alegación, pasaron a integrarse na lista de admitidos.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II que superaron a puntuación de 0,75 puntos estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

-Grupo A: 7.525 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de marzo de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

32.823.765Álvarez Grande, Rebeca0,110,11

3.277.405Álvarez Villaverde, Mª Teresa0,750,75

44.808.451Bascoy Lueiro, Juan Carlos0

36.126.719Burgos Feijoo, Pilar0,030,03

33.292.835Castellano Ferreiro, Beatriz0,750,75

33.860.060Corredoira Ferreiro, Matías0,750,080,83

36.057.564Cuadrado Costas, Montserrat0,750,75

76.619.410Diéguez Diéguez, Mª Carmen0,750,800,751,033,33

78.786.197Fariñas Crego, Mª Dolores0

33.314.071Fernández Castro, Mª Ángeles0,201,000,751,95

33.298.955Fernández Fernández, Mónica0,600,750,121,47

52.471.974González Campos, Guadalupe0,600,751,35

09.703.801González Jalón, Mª Dolores0,750,821,57

33.265.064González Morán, José Manuel0,750,75

32.810.517López Miño, Antonio Manuel0

32.768.066Mejuto Soto, José Luis0

35.436.358Montero Vecino, Inés1,000,750,091,84

33.324.160Otero Fugarolas, Ana Aurora0

76.805.624Pereira Rodríguez, Mª Isabel0,600,751,35

35.321.164Pérez Pazos, Pilar0,750,75

34.890.790Pérez Picallo, Mª del Carmen0,750,75

33.857.935Pérez-Batallón Ordoñez, Manuel0,600,750,251,60

33.306.157Quiroga López, Luis0,750,441,19

35.323.831Rial Nieto, Miguel A0

33.317.616Rodríguez Rivero, José Antonio0,750,75

33.294.018Romero Silva, Carmen Mª0,200,750,95

34.943.881Sánchez Alfonso, Ana Mª 0,500,50

33.278.871Sánchez-Mera Hernández, Luz0

36.062.339Sobral Gómez, María Paz0,200,750,95

33.295.053Sueiro Brea, Begoña0

32.817.575Vázquez García, Patricia0,750,75

33.321.360Vila Redondo, Mª Mar0,750,75

33.294.153Vizoso Villares, Elisa Mª0,750,75

ANEXO II

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.322.813Arias López, Mª Yolanda0,750,75

52.453.172Barreiro Mesa, Antonia0,750,75

00.810.545Caselles Sánchez, Juan Antonio0,400,500,90

44.448.055Colmenero Fernández, Mª Alicia0,200,750,121,07

33.995.889Cora López, Lourdes0,750,180,93

34.988.483Fernández Gómez, Cristina0,200,110,31

33.292.202García Vázquez, Mª Luz0,750,301,05

52.494.288González Vicente, Fco. José0,750,75

34.962.204Santana Penín, Cristina0,750,75

3.327.577Vázquez López, María José0,600,750,111,46