Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 27 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador 21/2000.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), faise pública a proposta de resolución formulada polo instructor no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial ó presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentada a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar (devolta pola oficina de correos por caducada).

O interesado non formulou escrito de alegacións, polo que non se desvirtúa o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.

O expedientado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións e achega-las probas que coide pertinentes en defensa dos seus dereitos. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do devandito acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na rúa de Zamora, nº 13.

Ourense, 27 de setembro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 21/2000.

1. Denunciado: Miguel Ángel Rodríguez Pérez; DNI: 44.463.109.

2. Último domicilio coñecido: avenida de Celanova, 96-98, 1º E-F 32890-Barbadás (Ourense).

3. Feitos imputados: por resolución do director xeral de Servicios Sociais, do 3 de abril de 1997, adóptandose medidas cautelares no centro de atención a persoas maiores «Vivenda comunitaria La Valenzana», situado na avenida de Celanova, nº 96-98, 1º E-F, 32890 Barbadás (Ourense), xa que estaba prestando servicios sen o previo e necesario permiso de inicio de actividades.

Para comproba-lo cumprimento das medidas cautelares, persoal inspector de Servicios Sociais visita o centro os días 23 e 24 de febreiro de 2000. Constátase, e así se recolle nas correspondentes actas de inspección, que se procedeu ó peche do centro sen contar coa previa e preceptiva autorización administrativa.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 62.4º da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais.

5. Cualificación da infracción: grave.

6. Sanción proposta: multa de 750.000 ptas.