Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 2 de novembro de 2000 pola que se fai pública a designación dos membros integrantes das xuntas intervenientes nas eleccións a cámaras agrarias.

O artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúelle á Comunidade Autónoma a compe

tencia exclusiva sobre cámaras agrarias, sen prexuízo do disposto no artigo 149 da Constitución. Con este título xurídico, e trala promulgación de distintas leis básicas estatais e correspondentes adaptacións da propia normativa autonómica, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 1/2000, do 10 de xullo, pola que se refunde a normativa en materia de cámaras agrarias.

Neste marco, e para os efectos do axeitado desenvolvemento do proceso electoral do que resulte a representatividade das diferentes organizacións profesionais agrarias e, en especial, para a salvagarda da súa transparencia e obxectividade, a Lei 1/2000, do 10 de xullo, recolle no seu capítulo VI as previsións relativas á administración electoral, e, sinaladamente, dentro das correspondentes á Xunta Electoral Galega e xuntas electorais provinciais como órganos de carácter permanente e non permanente, respectivamente, da devandita administración electoral.

Así e de conformidade co mandato expresado nos artigos 18.1º e 19.1º do meritado texto legal, correspóndelle ó titular da consellería competente en materia de agricultura a designación dos membros integrantes de cada unha das xuntas mencionadas.

Por outra banda, a disposición transitoria primeira da referida Lei 1/2000, no seu punto primeiro, esixe que a Xunta Electoral Galega e as xuntas electorais provinciais estean constituídas no prazo máximo de tres meses dende a entrada en vigor da lei.

En consecuencia, en virtude das facultades que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, logo de verificarse a proposta das organizacións profesionais agrarias nos termos establecidos no punto 2 da disposición transitoria primeira da Lei 1/2000, do 10 de xullo, pola que se refunde a normativa en materia de cámaras agrarias,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta orde ten por obxecto dar publicidade á designación dos membros integrantes das xuntas intervenientes nas eleccións a cámaras agrarias logo de que as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas fixeran, de xeito unánime, a súa proposta de designación dos vocais pertencentes á Xunta Electoral Galega e xuntas electorais provinciais en cumprimento do disposto no punto 2) da disposición transitoria primeira da Lei 1/2000, do 10 de xullo, pola que se refunde a normativa en materia de cámaras agrarias.

Artigo 2º

Para as eleccións a cámaras agrarias provinciais a composición das xuntas intervenientes no proceso electoral será a segunte:

* Xunta Electoral Galega:

Presidente: Ángel Bernardo Tahoces, secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Vicepresidente: José Mariano Pérez Fernández, director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Secretario: Marta Vega Lorenzo, asesora xurídica da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Vocais:

-Funcionarios da Comunidade Autónoma: Asunción Martín Azpiazu, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, licenciada en dereiro. Jorge Atán Castro, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, licenciado en dereito.

-Xuristas de recoñecido prestixio: Antonio Martínez Puñal. Pedro González Boquete. Miguel Ángel Lamela Méndez. Isabel Manzano Maceira.

A Xunta Electoral Galega, de conformidade co establecido no artigo 18.2º da Lei 1/2000, do 10 de xullo, pola que se refunde a normativa en materia de cámaras agrarias, quedará formalmente constituída no prazo de dez días desde a entrada en vigor da presente orde.

* Xunta Electoral Provincial da Coruña:

Presidente: Rogelio del Valle Muñoz-Cobo, delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Vicepresidente: César Concheiro Ceide, secretario provincial da delegación.

Secretario: Manuel Puente Araújo, xefe de Servicio Técnico Xurídico da delegación provincial.

Vocais: Olga García Agra. María Jesús González Paradela.

* Xunta Electoral Provincial de Lugo:

Presidente: José Ramón Molinero Senovilla, delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Vicepresidente: Juan José Cabaño Fernández, secretario provincial da delegación.

Secretaria: Ana Manuela Belinchón Jiménez, xefa do Servicio Técnico Xurídico da delegación.

Vocais: Carlos Somoza López. Xosé Manuel Fernández Varela.

* Xunta Electoral Provincial de Ourense:

Presidente: José Manuel Baltar Blanco, delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Vicepresidente: María Rosa Rodríguez Cougil, secretaria provincial da delegación.

Secretario: Manuel Pérez González, xefe do Servicio Técnico Xurídico da delegación.

Vocais: Miguel Anxo González Trigas. Luís Guillermo Álvarez Porto.

* Xunta Electoral Provincial de Pontevedra.

Presidente: José Manuel Gabeiras Vérez, delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Vicepresidente: Ana Mª Ortiz Álvarez, secretaria provincial da delegación.

Secretario: Mariano Orjales Pita, xefe do Servicio Técnico Xuridico da delegación.

Vocais: Ramón González Vinagre. Patricia Rivas Villa.

As xuntas electorais provinciais, de conformidade co disposto no artigo 19.2º da Lei 1/2000, do 10 de xullo, pola que se refunde a normativa en materia de cámaras agrarias, quedarán formalmente constituídas ó terceiro día seguinte á convocatoria das eleccións.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da consellería para dictar cantas disposicións fosen precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria