Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

En sesión plenaria con data do 11 de setembro de 2000 aprobouse inicialmente o V proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Vila de Cruces, para os efectos de recolle-la variante de poboación de Vila de Cruces, recollida no proxecto constructivo de acondicionamento da estrada PO/VP-2408 no seu treito: Portodemouros-Vila de Cruces, o que se publica polo prazo dun mes, segundo o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, durante o cal se poderá examinar e formula-las alegacións e observacións que se consideren oportunas.

Vila de Cruces, 28 de setembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado