Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas Lugo, López de Neira e Dr. Cadaval (expediente 5142/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 19 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle de ordenación de volumes dunha parcela do ámbito do cuarteirón nº 54 do PEEC, rúas de Lugo e López de Neira, segundo documentación presentada pola entidade mercantil Inmobiliaria Durán Gómez, S.A., redactada polo arquitecto Gabriel Santos Zas, visado polo colexio correspondente con datas do 29-10-1999 e 6-6-2000.

Segundo.-Somete-lo expediente a información pública durante o prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual ó propietario afectado.

Terceiro.-Requiri-la entidade mercantil Inmobiliaria Durán Gómez, S.A., para que presente ante esta Xerencia de Urbanismo a documentación precisa para tramita-lo correspondente proxecto de obras ordinarias da rúa Lugo, na que se inclúa unha relación individualizada de bens e dereitos para efectos se é o caso, de expropiación.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións pública e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ingnorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 25 de outubro de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo