Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 8/2000).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 16 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o estudio de detalle na rúa San Andrés, 21, para a rectificación dunha ali

ñación interior das establecidas no plano de ordenación, para adecuar esta á fixada nos alzados da edificación do mesmo documento, promovido por Josefa Amalia Lalín Pichel».

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 18 de outubro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo