Aprobada a oferta de emprego público deste concello para o ano 2000, mediante resolución da alcaldía-presidencia con data do 22 de xullo do 2000, a teor do previsto no artigo 91 da Lei reguladora das bases do réxime local do 2 de abril de 1985 e 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, faise público en cumprimento do preceptuado na normativa citada.
Funcionarios de carreira.
Grupo artigo 30 da Lei 30/1984: C.
Clasificación: escala de Administración xeral-subescala administrativa.
Nº de prazas: 1.
Denominación: administrativo.
Sistema de provisión: promoción interna.
Sistema de selección: oposición.
Cedeira, 22 de xullo de 2000.
Xoán Xosé Rodríguez Pérez
Alcalde-presidente