Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.020

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 578/1997, do 29 de maio, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/5661/1995, interposto por María Consuelo, María del Carmen e José Manuel Mariño Bobillo contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso ordinario interposto contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 14 de abril de 1995, polo que se aprobaron definitivamente as normas subsidiarias de planeamento do concello de Forcarei; dictouse a sentencia 578/1997, do 29 de maio, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencio, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 578/1997, do 29 de maio, que a seguir se trascribe:

«Resolvemos que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por María Consuelo, María del Carmen e José Manuel Mariño Bobillo, contra a desestimación presunta, por silencia administrativo, do recurso ordinario interposto contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 14 de abril de 1995, polo que se aprobaron definitivamente as normas subsidiarias de planeamento do concello de Forcarei, e declarámo-la nulidade de tales actos como contrarios ó ordenamento xurídico.».

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda