Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I e II da Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 24 de febreiro).

A orde conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do 8 de febreiro de 2000 (DOG do 24 de febreiro), aprobaba as bases que rexerán as convocatorias de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en tecnoloxías da información e das comunicacións (anexo I), e axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en tecnoloxías da información e das comunicacións (anexo II), correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 6 e 8 dos anexos I e II, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións para designar polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para grupos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e anualidades que se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concederlles axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial ás empresas que se relacionan no anexo II desta resolución, na contía e anualidades que se relacionan.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos mencionados anexos I e II, e que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguir, no proceso de selección, a prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 8 de febreiro de 2000 (DOG do 24 de febreiro), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 14-4-2000, DOG do 25 de abril)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

SolicitanteTítuloCódigoDur.1ª anualidade

miles de

pesetas

2ª anualidade

miles de

pesetas

3ª anualidade

miles de

pesetas

Total

miles de

pesetas

Persoal

Pena Jiménez, AntonioSolicitude de incentivo de proxecto do Plan nacional (título: comprensión da información en sistemas de audio tridimensional).PGIDT00TIC32201PN22.30070003.000Non

Morer Camo, María PazDesenvolvemento dunha aplicación de enxeñería gráfica asistida pola Internet.PGIDT00TIC16601AF21.05090001.950Non

SolicitanteTítuloCódigoDur.1ª anualidade

miles de

pesetas

2ª anualidade

miles de

pesetas

3ª anualidade

miles de

pesetas

Total

miles de

pesetas

Persoal

Obelleiro Basteiro, FernandoSimulación e desenvolvemento de algoritmos de formación de imaxes radar de alta resolución de brancos marítimos.PGIDT00TIC32202PR24.7002.50007.200Si

Liñares Beiras, JesúsInvestigación e desenvolvemento dun sensor óptico integrado de campo evanescente con elementos de guía de onda planos fabricado monoliticamente por intercambio iónico selectivo en vidro.PGIDT00TIC20601PR34.0002.5001.5008.000Non

Llamas Nistal, MartínArquitecturas distribuídas para teleservicios.PGIDT00TIC32203PR34.5002.5001.0008.000Non

TOTAIS 16.5509.1002.50028.150

ANEXO II

SolicitanteNIFTítuloTipo de

proxecto

CódigoDur.1ª anualidade

miles de

pesetas

2ª anualidade

miles de

pesetas

3ª anualidade

miles de

pesetas

Total

miles de

pesetas

Artel Ingenieros, S.L.B36215713Proxecto para o deseño dun sistema de xestión da rede de telecomunicacións dun campus universitarioAplicadaPGIDT00TIC01E24.50050005.000

Artel Ingenieros, S.L.B36215713Sistema de control e vixilancia remota sobre redes de telecomunicaciónsAplicadaPGIDT00TIC02E23.60040004.000

Control+P Informática y Comunicaciones, S.L.B32211476GesmobleAplicadaPGIDT00TIC03E22.25050002.750

Control+P Informática y Comunicaciones, S.L.B32211476GesmodaAplicadaPGIDT00TIC04E22.25050002.750

Control+P Informática y Comunicaciones, S.L.B32211476GesmaderaAplicadaPGIDT00TIC05E22.25050002.750

Control+P Informática y Comunicaciones, S.L.B32211476GestiendaAplicadaPGIDT00TIC06E22.25050002.750

Coremain, S.L.B15313505Sidt arquitectura de comunicacións e de acceso a BD para sistema de información de doadores e transplantesAplicadaPGIDT00TIC07E14.200004.200

Diseño de Ingeniería y Comunicación, S.A.A32222606Sistema experto de optimización de bases de datos na plataforma InternetAplicadaPGIDT00TIC08E15.900005.900

Editorial la Capital, S.L.B15162068Xornal na InternetAplicadaPGIDT00TIC09E190000900

Editorial la Capital, S.L.B15162068Arquivo dixital históricoAplicadaPGIDT00TIC10E24.05050004.550

Femxa Formación, S.L.B36338051Investigación aplicada destinada ó desenvolvemento dun sistema integral de información baseado na Internet e transmisión telemática de datos para control de calidade e xestión dos procesos formativos de agrupacións de entidades con múltiples sedes distribuídas na xeografía galegaAplicadaPGIDT00TIC11E25.15050005.650

Ferroatlántica I+DB29276003Un sistema de información personalizado en tecnoloxía da información e comunicaciónsAplicadaPGIDT00TIC12E34.0005002004.700

Inteco Ingeniería Avanzada, S.L.B36856540Proxecto para a realización dunha aplicación sectorial do comercio e detalle da rama téxtil para a incorporación das TIC na comunidade galegaAplicadaPGIDT00TIC13E12.500002.500

Intelsis, Sistemas Inteligentes, S.A.A15215171Domedico desenvolvemento dun sistema de telemedicina doméstico baixo protocolo IPAplicadaPGIDT00TIC14E23.25050003.750

Intelsis, Sistemas Inteligentes, S.A.A15215171E-X: desenvolvemento dun sistema de radioloxía dixital directa, baseado nun panel de silicio amorfo, con integración nun PACS (picture archiving and comunication system) con Gateway de telemedicinaAplicadaPGIDT00TIC15E27.00070007.700

Neco, Tecnologías de la Información, S.L.B15709587Proxecto BluemoonAplicadaPGIDT00TIC16E24001200520

Seintel, S.L.B36753044Desenvolvementos avanzados de solucións CTIAplicadaPGIDT00TIC17E27.00070007.700

Sivsa Soluciones Informáticas, S.A.A3664685Investigación e desenvolvemento de sistema Hosnet EspañaAplicadaPGIDT00TIC18E14.700004.700

Televés, S.A.A15010176Sistema optimizado de deseño de antenas reflectorasBásicaPGIDT00TIC19E29.00055009.550

Televés, S.A.A15010176Simulación dun sistema de transmisión banda larga vía radioBásicaPGIDT00TIC20E27.00044007.440

Zozo, S.L.B15534654Proxecto de guías locais virtuais multimedia: ziudadesAplicadaPGIDT00TIC21E13.200003.200