Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de nova información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do 16 de outubro de 2000, acordou someter a información pública as modificacións propostas sobre o proxecto do Plan especial de ordenación de accesos e infraestructuras e nova edificación na estación de Renfe (PE-11), que fora aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno o día 22 de febreiro de 1999 e exposto ó público en cumprimento do esixido polo artigo 42.1º da LSG.

Consonte o disposto no artigo 43 da LSG, sométense a información pública, durante o prazo dun mes, as modificacións propostas no plan especial de referencia e que se concretan en:

-Adaptación do ámbito de ordenación do PE-11 á modificación do plan xeral, aprobada definitivamente o 30 de marzo de 2000.

-Nova disposición das edificacións previstas no lado sur da rúa do Hórreo e avda. de Lugo, con variación dos usos e condicións de edificación establecidas.

-Substitución do sistema de compensación polo de cooperación no polígono 2 do plan especial, afectando os seguintes propietarios:

ParcelaPropietariosSuperficie

1Renfe9.398 m

2Koipe8.178 m

3.1Joaquín Yebra-Pimentel Vidal326,5 m

3.2Mª Dominga Cepeda Vidal465 m

3.3Hros. Quintáns460,5 m

4Dolores Otero Mato361 m

5Gabriel Guerra293 m

6JML de Economía, S.L.109 m

7Jaime e Ramón Otero Cariton33 m

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de notificación en forma legal, ó abeiro do previsto no artigo 42.6º da LGS, ós propietarios antes citados que, por descoñecerse o seu paradoiro ou identidade, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

Luis Toxo Ramallo

Tenente alcalde