Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación nº 11/00, realizado o día 28-9-2000, aprobou inicialmente o proxecto de bases e estatutos de actuación da Xunta de Compensación do Polígono II e IV do Plan Parcial O Rosal Sur, promovido por José Luis Álvarez Souto.

En cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos de poder formula-las alegacións que consideren oportunas as persoas e entidades interesadas.

Moaña, 3 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado