Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de setembro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02843-O-1999 e PO-02848-O-1999).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo e, de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de domicilios descoñecidos, e en

cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anterior-

mente, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 19 de setembro de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02843-O-1999

OU-6318-V

G.C. de Tráfico

Jorge José González Varela

Monte Medo, 8, 3º

32005 Ourense

Circular transportando 40 sacos de penso carecendo de autorización. Servicio público.

9-11-1999; 16.40; N-525; 276

Artigo 199 b) do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.
PO-02848-O-1999

LE-7416-Y

G.C. de Tráfico

Petrogabi, S.L.

Carretera nacional, km 400

24530 Villadecanes (León)

Realizar transporte privado de mercadorías, carecendo de autorización. Servicio privado.

11-11-1999; 10.45; N-525; 307

Artigo 199 b) do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.