Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se comunica a corrección do erro advertido na desagregación do orzamento do proxecto da obra RC-OUR-00.01.

Observado erro na desagregación do orzamento do proxecto da obra: reforzo de firme na OUR-300 Cela

nova-Allaríz, do p.k. 8+000 ó 11+200, ckave RC-OUR-00.01, anunciada a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, por resolución da Delegación Provincial de Ourense do 5 de outubro de 2000 (DOG nº 202, do 18 de outubro de 2000) comunícase que o proxecto corrixido se atopa á disposición dos interesados nesta delegación provincial, empezando a conta-los prazos relativos á presentación de ofertas, apertura de documentación xeral e apertura de ofertas a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de outubro de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegación provincial de Ourense