Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.983

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2000, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 6 de novembro de 2000 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.1.1 alínea a) da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 18 de novembro de 2000, ás 10 horas, nas aulas 1 e nova da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sita no campus universitario, en chamamento único. As portas do lugar de acceso abriranse para a realización do exame ás 9.15 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2000.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal