Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 27 de setembro de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-81/050, conta 137).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula II do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados, cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Manuel Amil Lago e herdeiros.

Expte. C-81/050 (Desafiuzamento F.P. 41/00).

Conta 137.

Fernando VI, bloque 3, P-1, 5º C (Ferrol).

Importe débeda: 2.445.027 ptas.