Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Vilanova de Arousa para a prestación do servicio de lonxa.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Vilanova de Arousa para a prestación do servicio de lonxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número do expediente: clave: 13-05-00-C-02.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Vilanova de Arousa para a prestación do servicio de lonxa.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do día 20 de xullo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 1 de setembro de 2000.

b) Adxudicatario: confraría de pescadores La Pastoriza, de Vilanova de Arousa.

c) Nacionalidade: española.

5. Outras informacións.

En cumprimento do disposto na vixente Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante, á escolla do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou perante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non obstante, poderase optar por interpor contra a presente resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 4/1999, citada anteriormente.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia