Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 21 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución formulada polo instructor no expediente sancionador 20/2000.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), faise pública a proposta de resolución formulada no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial ó presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentada a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar (devolta pola oficina de correos por caducada).

O interesado non formulou escrito de alegacións, polo que non se desvirtúa o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.

O expedientado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións e achega-las probas que coide pertinente en defensa dos seus dereitos. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do devandito acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na avda. de Zamora, nº 13.

Ourense, 21 de setembro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 20/2000.

Denunciado: Miguel Ángel Rodríguez Pérez; DNI: 44.463.109.

Último domicilio coñecido: r/ Progreso, nº 147, 3º dereita, Ourense.

Feitos imputados: o día 23 de febreiro de 2000, inspectores de servicios sociais visitan un centro de atención a persoas maiores situado na rúa Progreso, nº 147, 3º dereita (Ourense), sendo titular e responsable del Miguel Ángel Rodríguez Pérez. Constátase, e así se recolle na correspondente acta de inspección, que o centro está funcionando de forma ilegal xa que non conta coas preceptivas autorizacións administrativas.

Preceptos infrinxidos: artigos 30 e 62.5º da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, artigo 6 do Decreto 243/1996, sobre autorización e acreditación de centros de servicios sociais, e artigo 18.5º do Decreto 175/1995, relativo a inspección e réxime sancionador.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción proposta: 750.000 pesetas.