Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de mellora ambiental do contorno da praza das Mercedes en Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-06-OU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mellora ambiental do contorno da praza das Mercedes en Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta e nove millóns setecentas vinteseis mil (89.726.000) pesetas (539.264,12 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: esixirase unha fianza provisional por importe dun millón setecentas noventa e catro mil cincocentas vinte (1.794.520) pesetas (10.785,28 euros), segundo o definido na alínea H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (dispensarase desta fianza a quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11 de abril de 1996).

b) Definitiva: esixirase unha fianza definitiva por importe de tres millóns cincocentas oitenta e nove mil corenta (3.589.040) pesetas (21.570,56 euros).

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

e) Telefax: 981 58 98 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 6.500 pesetas (IVE incluído) (39,07euros).

6.2. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Organismo: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Enderezo: edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

e) Fax: 981 54 43 43.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C; tódolos subgrupos; categoría c).

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días contados a partir desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

1º Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

2º Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes: ver punto 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o sexto (6º) día hábil, que non coincida en sábado, a partir daquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 10 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda