Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/012, de catedrático de escola universitaria, convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/012, convocado por Resolución do 24 de marzo de 2000 (BOE do 18 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 10 de outubro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Praza nº: 00/012.

Comision titular:

Presidente: Eguiluz Morán, Luis Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Sánchez Riesgo, Alberto, catedrático de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Vocais:

Cidrás Pidre, José, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Ayuso Sacristán, Francisco, catedrático de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Bandrés Unanue, Luis María, catedrático de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Comisión suplente:

Presidente: Sáenz Ruiz, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Secretario: Arcega Solsona, Francisco, catedrático de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Vocais:

Sanz Feito, Javier, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

González Sánchez, Baldomero, catedrático de escola universitaria. Universidade Castellano-Manchega.

Molina Altuna, Julián José, catedrático de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.