Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.937

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de novembro de 2000 pola que se modifica a do 10 de outubro de 2000 (DOG do 24) pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros na orde que se indica, cómpre face-las correspondentes modificacións.

Na páxina 14.431, punto 1 da disposición décimo oitava, onde di: «Folla de servicios certificada e pechada no día 30 de novembro de 1998...», debe dicir: «Folla de servicios certificada e pechada no día 11 de novembro de 2000».

Na páxina 14.432, último parágrafo da disposición vixésimo primeira, onde di: «...que se contabilizará o 31 de agosto de 2000», debe dicir «...que se contabilizará a 31 de agosto de 2001».

No anexo II, zona educativa O Rosal, código 360386, suprímense os centros CEIP das Medas Novas, código 36008318C, e mais EEI de Marzán, código 36014040C, por teren sido integrados no CRA María Zambrano, código 36024173.

Na zona educativa Lugo, código 270180, onde pon: «CEP Illa Verde, código 27016728C», debe poñer: «CEIP Illa Verde, código 27016728C», e en vez de CEP Rosalía de Castro, código 27006449C, debe aparecer CEIP Rosalía de Castro, código 27006449C.

Na zona educativa O Ribeiro, código 320155, onde di: «concello Melón, localidade San Paio, CRA Amencer», debe dicir: «concello Ribadavia, localidade San Paio, CRA Amencer».

Elimínanse os centros que constan no anexo III da Orde do 23 de outubro de 2000 (DOG do 6 de novembro) por teren sido suprimidos.

Como queira que estas modificacións afectan as condicións de participación no concurso, prorrógase o prazo de presentación de instancias en quince días hábiles contados desde o día da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria