Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.936

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de outubro de 2000 pola que se lle dá publicidade á Resolución do 22 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da mesma dirección xeral do 24 de abril de 2000.

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 22 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da devandita dirección xeral do 24 de abril de 2000, e o anexo correspondente

ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por Resolución do 24 de abril de 2000, de acordo coa competencia atribuída a estas no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tralo estudio conxunto das ditas resolucións, adxudicacións coincidentes a favor de idénticos concursantes, e, en consecuencia, levado a cabo o preceptivo proceso de coordinación, co obxecto de evitar nomeamentos simultáneos a favor dun mesmo concursante, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e na disposición adicional sétima.2 do Real decreto 1372/2000, do 19 de xullo,

RESOLVE:

1. Elevar a definitivos os nomeamentos efectuados polas corporacións convocantes a favor dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, nos termos establecidos no anexo desta resolución.

2. Os restantes postos convocados, e non incluídos no anexo, non foron obxecto de adxudicación por falta de solicitantes, por non reuniren estes os requisitos ou puntuación mínima, e por falta de resolución das corporacións locais, como consecuencia da revogación das correspondentes convocatorias, ante a impugnación dos baremos específicos en vía contencioso-administrativa.

3. O prazo de toma de posesión dos funcionarios dos que se formalizan os nomeamentos será de tres días hábiles, se se trata de postos na mesma localidade, e dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio, co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

4. As corporacións locais deberán remitir a esta dirección xeral (Subdirección Xeral de Función Pública Local, r/ María de Molina, 50, 28071 Madrid) e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

ANEXO

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

* Secretaría categoría superior.

-Coruña, A.

Concello de Ferrol 1535001.

Moure García, Leopoldo DNI 32.621.667.

Concello de Oleiros 1557001.

Alonso Fernández, José R. DNI 71.866.838.

* Intervención-Tesourería categoría superior.

-Coruña, A.

Concello de Oleiros 1557002.

Deserta trala fase de coordinación.

* Tesourería.

-Pontevedra.

Concello de Pontevedra 3600101.

Escariz Couso, Alberto DNI 36.097.029.

* Secretaría-Intervención.

-Coruña, A.

Concello de Moeche 1548001.

Couce Calvo, Consolación DNI 32.627.361.

Concello do Pino 1565001.

Otero Ferreiro, Ana Purificación DNI 33.276.548.

-Lugo.

Concello de Friol 2720001.

González Casanova, Julio DNI 34.256.847.

Concello de Monterroso 2731001.

Castiñeira Castiñeira, Manuel C. DNI 33.815.400.

-Ourense.

Concello de Baños de Molgas 3207001.

Espinosa Barrasa, Mª Teresa DNI 13.107.283.

Concello de Rubiá 3271001.

Deserta trala fase de coordinación.